Thursday 02 de May de 2024

O Concello comprométese a mellorar a mobilidade e a cobertura do transporte público na Zapateira


A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada comprobaron de primeira man as necesidades do barrio

A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitaron esta tarde o barrio da Zapateira, onde se reuniron cos representantes das asociacións veciñais das Revoltas e da Zapateira, que lles deron conta das necesidades dunha zona para a que esixen unha mellor cobertura do transporte público e do saneamento.

A rexedora e o edil comprometéronse a estudar tamén cuestións de mobilidade que teñen que ver coa condensación de tráfico que se produce na rotonda que dá acceso á Terceira Rolda.